jueves, 23 de junio de 2011
É a noite de San Xoán
É a nuite de San Xoán; -Ide rapaces
de todo mal capaces;
collede herba ferrenta,
collede brizos, menta,
e sarxa rabuxenta;
collede sabugueiro,
e follas de loureiro;
e collede sambuco,
tamén herba do cuco;
collede herba gateira,
aurego, herba cabreira,
con herba dos eremos;
Collede herba dos demos...
collede herba do inverno,
Collede, se podés, herba do inferno...
E facede con todo unha fogueira,
No medio da lareira:
E decide: - Ide bruxas,
e agoreiras curuxas;
Ide, casta embustera,
Que se casa e se marcha con calquera;
Ide, rapaza insidiosa,
sulfida e veleidosa,
de extraña condición,
que sempre di que non;
ide, falsas bellezas,
que trastornás dos tontos as cabezas;
abortos do profundo,
capaces todas de perder o mundo.
P.D. Esto decía un vello aleixoado,
no combate de amor experimentado.
Eduardo Pondal
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario