lunes, 16 de mayo de 2011

Análise hemática do amor

Co amor que se interpón
entre vós
e o meu medo
altéranse os parámetros orgánicos
dos meus restos en fráxil equilibrio
ben restaurados e supervisados.

E podería facer un Lied amargo
adicado ós meus seres máis amados
modificando as miñas CD4
e baixando o nivel de protombina
deste corpo que aboia en endorfinas
sen xeringas ou fármacos
que as leven.

A sede por soñar aumenta a febre
e causa hemorraxias invisibles
exiliando do sangue ós hematíes.

Pero as bágoas lubrican o desexo
provocan máis nostalxia
e anestesian.

A amizade protexe e o amor cura
o odio contaxia e fire
a indiferencia mata.

Apagado este incendio sobrevivide libres
deste estertor final de quen vos ama.

Poesía última de amor e enfermidade, 1995


Lois Pereiro
Monforte, 1958- A Coruña, 1996. Obra poética: De amor e desamor (1984), De amor e desamor II (1985), Poemas (1981/1991), Poesía última de amor e enfermidade (1995), Poemas para unha loira (1997).


No hay comentarios:

Publicar un comentario